O artista lugués Maximiliano López expón no Madia Leva de Baamonde unha colección de obras plásticas e gráficas, na que a figura feminina ten un gran protagonismo.
A exposición pode visitarse, no horario habitual de apertura deste local de hostalaría, ata o vindeiro 5 de agosto.
Coa inauguración desta mostra de Maximiliano López, que daba comezo o pasado 20 de xuño, o establecemento begontés da familia Corral recuperaba o seu carácter expositivo, logo do obrigado peche durante o estado de alarma.