Marina Goiriz: "A afección vénme de nena, adoitaba ir cazar co meu pai"

A cazadora vilalbesa é unha das organizadoras da segunda Batida Feminina que se celebra o vindeiro sábado 13 no coto de Pol
MARINA GOIRIZ
photo_camera Marina Goiriz. EP

O coto de Pol acolle o sábado, día 13, a segunda edición da Batida Feminina. A cazadora vilalbesa Marina Goiriz é unha das cabezas visibles da organización dunha iniciativa que conta coa colaboración da Federación Galega de Caza e da Cuadrilla Monciro.

Como xurdiu a idea de celebrar unha batida de mulleres?
Propuxéronmo o ano pasado cando empezou a tempada e pareceume unha boa idea. É unha maneira de xuntarnos e coñecernos. Na primeira edición, por temas de pandemia, a xente aínda non estaba moi animada, pero fomos once rapazas. Tivemos moi mal tempo, pero pasámolo moi ben.

De onde eran?
Da comarca, de Castro de Rei ou Vilalba, pero tamén había de Viveiro, As Nogais, Ferrol ou Betanzos.

E que previsión de asistentes teñen nesta nova edición?
Temos 25 prazas, e as inscricións abertas ata que remate a fin de semana. As interesadas poden chamar ao 679.95.51.38. Contamos con cubrir todas as prazas. 

Cal é o programa da batida?
Reunirémonos ás 8.00 horas para almorzar e organizar os rastrexos. Sobre as 12.30 xuntarémonos para tomar uns petiscos e iniciar os aplaques a partir das 13.30 horas, aproximadamente. Contamos con rematar a batida sobre as 18.00 e, unha hora despois, faremos unha merenda cea.

Dende cando caza?
A afección vénme dende pequena, adoitaba ir co meu pai a caza menor. E dende hai oito, con máis regularidade.

Hai moitas mulleres?
Non, somos poucas, por iso está ben facer este tipo de eventos para coñecernos. En Asturias hai moitas máis.

Comentarios