Domingo. 21.04.2019 |
El tiempo
Domingo. 21.04.2019
El tiempo

En Marea solicita unha reunión coa ministra de Traballo polo conflito de Endesa

Yolanda Díaz mantivo unha reunión co comité de empresa de Endesa nas Pontes. EP
Yolanda Díaz mantivo unha reunión co comité de empresa de Endesa nas Pontes. EP

A voceira no Congreso, Yolanda Díaz, mantivo unha xuntanza co comité de empresa das Pontes para coñecer a situación do plantilla logo da ruptura das negociacións do convenio

En Marea vén de solicitar unha reunión con carácter urxente coa ministra de Traballo, Magdalena Valerio, para poder tratar a cuestión da ultraactividade dos convenios colectivos e, en concreto, analizar a situación dos traballadores de Endesa nas Pontes.

A voceira da formación no Congreso, Yolanda Díaz, mantivo esta mañá unha xuntanza co comité de empresa para coñecer con máis detalle en que situación se atopan os empleados e extraballadores da planta pontesa, logo de que o pasado 31 de decembro caducara o seu IV Convenio Marco sen que ata o de agora haxa posibilidade real da sinatura dun novo acordo.

"En Marea presentou numerosas iniciativas denunciando a situación de Endesa, tanto en materia económica polo proceso de descapitalización que está sufrindo unha enorme multinacional que ademais abrangue a un sector estratéxico do noso país como é a enerxía, pero tamén, e fundamental, en materia sociolaboral, denunciando, no mes de novembro, o que estaba pasando coa vontade negativa da empresa a negociar o concenio colectivo", destacou Yolanda Díaz.

A deputada sinalou que o que se está a denunciar "é a revocación da ultraactividade, porque a súa recuperación é unha esixencia do noso grupo para poder mudar as condicións de vida dos traballadores no noso país".

"A empresa está facendo o que lle dá a gana e temos a máis de 8.000 persoas no conxunto do Estado que están afectadas e que a partir de agora, toda vez que xa non rixen as condicións do convenio, están sen protección e terán que negociar individualmente coa propia empresa as súas condicións laborais. E temos máis de 27.000 persoas que son pasivos, aos que se lles vai meter un recorte fortísimo nos seus beneficios sociais, beneficios sociais que estaban acadados e protexidos en todos e cada un dos convenios que ata o de agora tiñan", salientou a voceira de En Marea, que estivo acompañada na xuntanza por María Chao e Xosé Manuel Ribeira, concelleiros de Xuntos por As Pontes.

En Marea solicita unha reunión coa ministra de Traballo polo...
Comentarios