Manuel Ferreiro presenta o seu libro en Vilalba

Un bo número de veciños déronse cita co autor para coñecer a súa novela ...de cando as pedras falaban

Presentación do libro de Manuel Ferreiro en Vilalba. C.P.
photo_camera Presentación do libro de Manuel Ferreiro en Vilalba. C.P.

Manuel Rubiños Ferreiro presentou este venres a súa primeira novela ...de cando as pedras falaban en Vilalba. Un bo número de veciños non quixeron perderse a cita.

Público asistente á presentación do libro de Manuel Ferreiro. C.P.Editado polo Iescha no debut literario de Ferreiro conflúen o gusto do autor polas lendas, pola época medieval e pola historia local. Na presentación, ademais do autor, tamén estiveron presentes Marisa Barreiro e Chema Felpeto, do Iescha, e Ángel Campos, un peregrino que ten case 30 compostelanas.

... de cando as pedras falaban recolle o camiñar vital e físico de Xoán, un peregrino medieval, coincidindo coa súa chegada a Vilalba, daquela Santa María de Montenegro, onde pasa unha tarde e unha noite. "A historia desenvólvese en dúas igrexas, un cemiterio e un castro semiabandonado", explica o autor, que asina como Manuel Ferreiro.

Comentarios