"Manuel e eu xa falabamos de abrir algo xuntos no instituto"

David Teijido, socio con Manuel Campo, no Xoldra, que reabriu con nova xerencia
David Teijido.
photo_camera David Teijido.

Que os levou a ser socios? E por que o Xoldra?
Somos amigos dende hai anos e era unha idea que tiñamos xa cando estabamos no instituto, falabamos de abrir algo xuntos de hostalaría. Entereime de que Chito pensaba en deixar o Xoldra, falei con el e tamén llo comentei a Manuel, que xa ten o Zeus aquí en Guitiriz e dixo que me apoiaba. E o Xoldra é un local importante en Guitiriz, que leva moitos anos aberto e sería una perda que desaparecese a súa esencia.

A súa liña será continuísta?
Si, queremos seguir igual, con cafetería, cervexería e servizo de comidas, que é onde si que vai haber algunha novidade. Queremos facer algún cambio sorpresa que estará en breve na carta e que cremos que será unha novidade no pobo.

Cal é o horario de apertura?
De martes a domingo, de 8.00 a 00.00 de martes a xoves e a fin de semana de 8.00 a 1.00, pero a nosa idea é abrir todos os días, sobre todo no verán.

Canta xente traballa no Xoldra?
Seis en total. Temos dúas persoas na cociña, dúas persoas para atender e outras dúas que fan extras.

Abriron o 19, que tal a acollida?
Moi boa, a xente apoiounos moito. Este non é o mellor mes para a hostalaría, pero nestes días tivemos moita xente. Non nos podemos queixar. A familia Xoldra segue vindo toda.

Teñen previsto organizar algunha actividade?
Si, queremos facer sorteos e algunha sesión vermú ou festa, sobre todo de cara ao verán, recuperando algunha das que se facían. E tamén queremos apostar pola programación deportiva en xeral, que a xente poida vir aquí para seguir o deporte que lle gusta.

Comentarios