A Magdalena: O primeiro dos catro poboados de Endesa

O barrio onde Sara Ramos viviu a súa infancia está ligado á expansión da mina e ao boom poboacional dos anos 70
Poboado da Magdalena, o primeiro dos catro de Endesa. M.MANCEBO
photo_camera Poboado da Magdalena, o primeiro dos catro de Endesa. M.MANCEBO

Sara Ramos preside a Irmandade Lesneven-As Pontes, unha entidade que leva décadas unindo as raíces de dúas vilas. As súas sitúanse no Poboado da Magdalena, ese recuncho pontés no que asegura que pasou os mellores anos da súa vida.

O barrio no que viviu durante 13 anos deu acubillo ás familias de aquí e de acolá que chegaron coa expansión da mina. Un ‘boom’ poboacional —de 6.000 habitantes nos 70, pasouse a 13.000 nos 80— que encheu as rúas de nenos que xogaban "a las canicas, a la comba, a la goma, al béisbol...".

20220420_185146
Portal no que viviu Sara Ramos durante a súa infancia. M.M.

"Yo vivía en el bloque K1 con mis padres, mi tía abuela Nina y mi primer gato, al que le encantaba mirar por la ventana", relata Sara, quen explica que os poboados "eran un poco guetos, los de cada uno andábamos juntos, pero ir a otros era casi impensable".

Entre os recordos daquela época rememora con especial cariño "los tonos de los gritos de cada madre cuando nos llamaban por la ventana", vivencias dun recanto onde "aprendí a disfrutar de mi niñez, a hacer amistades, a cocinar, a celebrar y a vivir", conclúe Sara.

Localización
O Poboado da Magdalena está a carón das rúas Fene, Neda e Moeche, e a escasos 500 metros da casa consistorial.
Historia
É o primeiro dos catro poboados construídos por Endesa. As obras das 284 vivendas comezaron en 1974 e desenvolvéronse en dúas fases. 
Arquitectura
As edificacións teñen a súa orixe na cultura arquitectónica europea do primeiro terzo do século XX. Distribuídas en series lineais formando agrupacións, dispoñían de espazos de carácter público, formando prazas, áreas de xogo, pistas deportivas e espazos verdes.
20220420_190126
Novo parque infantil na Praza da Magdalena. M.M.

Comentarios