Liberado un condutor tras envorcar o seu coche en Begonte

O suceso rexistrouse na A-6 este domingo pola mañá

Un condutor quedou atrapado tras envorcar o vehículo que conducía pola A-6, ao paso pola localidade luguesa de Begonte.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro produciuse pasadas as 8.00 horas deste domingo, concretamente na parroquia de Illán. Ata alí acudiron os membros do GES de Guitiriz para liberar ao condutor que, como consecuencia do impacto, tiña dificultades para saír do vehículo.

Debido á posición na que quedou o coche, tiveron que sacalo por unha das portas traseiras. Cando foi liberado, o ferido foi atendido e posteriormente evacuado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao Hospital da Virxe dos Ollos Grandes.

Hai que sinalar que neste operativo tamén se contou coa colaboración dos Bombeiros de Vilalba e os axentes da Garda Civil de Tráfico.