Julio Camba: "Intento ofrecer un trato cercano, coidado e de proximidade"

A Barbería de Julio vén de aterrizar no número 46 da Rúa da Pravia
Julio Camba no interior da súa nova barbería. NOEMI FERNÁNDEZ
photo_camera Julio Camba no interior da súa nova barbería. NOEMI FERNÁNDEZ

O vilalbés Julio José Camba aposta pola súa vila natal para emprender unha nova aventura, a súa propia barbería, continuando co legado do seu avó, e dando vida a un proxecto que sempre viviu entre os seus soños e ilusións. 

Foi seu avó Julio quen o meteu no mundo da barbería?
Meu avó rexentou unha perruquería xunto a miña nai ao lado do Parador pero faleceu cando eu tiña 12 anos. É certo que algún recordo me quedou pero daquela non sabía o que quería ser de maior, foi o devir da vida o que me puxo aquí. 

Como se iniciou entón como barbeiro?
Primeiro fixen un curso en Coruña e logo traballei como barbeiro en Lugo, durante 3 anos, ata iniciar esta aventura. 

Por qué aposta por Vilalba?
É unha idea que sempre me rondou a cabeza, eu son de Vilalba e imaxinaba a miña propia barbería na miña vila. Agora sumaronse outros factores que me fixeron decantarme, entre eles o prezo do gasoleo e o esforzo económico que esixía desprazarme cada día a Lugo para ir a traballar. 

A túa vila recibiute como esperabas?
Dende logo que si, estou moi contento e espero continuar na mesma liña e se é posible ir a mellor. 

Onde podemos atopar a Barbería de Julio?
Na Rúa da Pravia no número 46, nas Galerías Camba.

O nome das galerías é igual que o seu apelido, coincidencia ou historia? 
Pois é pura casualidade, pero bueno, unha coincidencia bonita e anecdótica.

Como a cando se pode acudir á barbería? 
Pode reservarse cita por teléfono, no 692.07.12.40, ou na aplicación Booksy introducindo o nome da barbería no buscador e seleccionando o servizo que precisen. E en canto ao horario, abrimos de 9.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 19.30 horas. 

Que tipo de servizo se poden esperar os clientes?
Un trato cercano, coidado e de proximidade. Iso é o que pretendo e intento ofrecerlle aos meus clientes. Ao estar aquí en Vilalba coñecémonos todos e a maioría dos clientes son amigos e veciños. 

Comentarios