sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

Juan Anllo: "Quen sabe cando se repetirá unha xuntanza así"

Juan Anllo. EP
Juan Anllo. EP
A anpa do Ceip Ramón Falcón, que preside Juan Anllo, está á fronte da organización dunha comida conmemorativa polo 45 aniversario do centro educativo de Castro de Rei

Como xorde a idea desta xuntanza?

Comezaron a organizala uns exalumnos e pensaron en facer algo conxunto coa Anpa. Nós decidimos apoiar a iniciativa e seguimos coa organización.

A comida está fixada para o 21 de marzo, onde se poden adquirir os vales?

Están á venda en Desexos e en La Tienda de Muimenta, na librería A Maduca de Castro de Rei e na pastelería Améndoa de Castro. Pódense adquirir ata a mesma semana da comida. A nosa idea é que sexa unha xuntanza familiar, que non só vaian os antigos alumnos, senón tamén as familias. E tamén convidamos aos profesores e a toda a xente do colexio.

En que consistirá o evento?

Xuntarémonos ás 14.00 horas no pavillón do colexio e compatiremos un xantar preparado pola Pulpería Taboada e a animación dun dúo musical. Tamén haberá inchables para os nenos.

Canta xente xuntarán?

Nos primeiros días xa había unhas 50 persoas anotadas e esperamos ser moitos máis, porque nestes 45 anos puideron pasar unhas 4.000 persoas polos colexio de tres xeracións. Animamos a todos a apuntarse, porque quen sabe cando se volverá repetir algo así.

Juan Anllo: "Quen sabe cando se repetirá unha xuntanza así"
Comentarios