Domingo. 16.12.2018 |
El tiempo
Domingo. 16.12.2018
El tiempo

Josefa Miragaya celebrou os seus 104 anos de vida

Polín e Ageitos, coa centenaria Josefa Miragaya. EP
Polín e Ageitos, coa centenaria Josefa Miragaya. EP

Esta veciña da parroquia guitiricense de Trasparga recibiu a visita da alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín e da tenente de alcalde, Laura Ageitos

Josefa Miragaya Díaz vén de cumprir 104 anos, arroupada polos seus seres queridos e pola alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, e a tenente de alcalde, Laura Ageitos, que visitaron á centenaria na súa casa da parroquia de Trasparga, onde vive cunha filla e a súa familia.

A delegación institucional agasallou a Josefa, á que lle encanta recibir visitas e parolar, cunha planta e un diploma acreditativo da súa lonxevidade.

Josefa Miragaya celebrou os seus 104 anos de vida
Comentarios