jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

Isabel Pardo: "Os retratos que expoño son reflexos de emocións"

imgData
Isabel Pardo, pintora vilalbesa. EP
A pintora vilalbesa Isabel Pardo inaugura a súa terceira exposición. Desta volta, os visitantes poderán ver 14 debuxos a lapis e tres cadros a acrílico.

Desfruta pintando na casa pero aínda así, a vilalbesa Isabel Pardo decide compartir a súa arte co mundo. E xa vai pola súa terceira exposición, que se inaugura esta tarde ás 19.30 na casa da cultura de Vilalba. No acto intervirán, ademais da artista, Antón de Guizán, de NPG, e Marisa Barreiro, do Iescha. A exposición estará ata o 20 de agosto. 

Que van atopar os visitantes? 

Vai haber 14 debuxos a lapis e tres cadros a acrílico. Un dos cadros é de dous metros cadradose chama bastante a atención. Cando se observa por primeira vez pode parecer que non ten sentido ningún, pero creo que se empezan a exposición observando ese cadro e logo ven todas as demais pezas van poder atopar un punto de unión. Recoméndolle á xente que vaia, que mire a exposición con calma porque van atopar mensaxes bonitas. 

Hai unha temática común entre as obras? 

Os debuxos son retratos e nos cadros tamén hai figuras. Entón, non é que a temática sexan os retratos pero si se podería dicir que son reflexos de emocións, tanto dos modelos como de min mesma cando os pintaba. A temática sería algo así como o retrato para mostrar unha emoción. 

Recoméndolle á xente que vaia, que mire a exposición con calma porque van atopar mensaxes bonitas

Que cambios hai das anteriores exposicións a esta? 

Hai unha evolución bastante importante, non tanto a nivel técnico senón a nivel persoal. Na primeira exposición tiña15 anos e agora teño 19, non é moito tempo pero si que se nota a diferencia. Hai unha evolución técnica, evidentemente, porque sempre se mellora, pero sobre todo foi unha evolución miña como persoa. 

Ademais de exposicións tamén fai murais. Que faceta de todas desfruta máis? 

Non sei se se debería dicir, pero o que máis desfruto é estar pintando na miña casa. Si que desfruto debuxando en directo e ao natural e nas exposicións, pero gústame máis debuxar cando ninguén me ve, cando estou tranquila. 

Isabel Pardo: "Os retratos que expoño son reflexos de emocións"
Comentarios