As irmás Purriños conseguen tres novas nominacións aos premios Goya

As fotógrafas vilalbes concorren ambas na categoría de retraro e Inma, xa acadou un galardón en 2003, tamén en libre creación

Retrato. YOLANDA PURRIÑOS
photo_camera Retrato. YOLANDA PURRIÑOS

As irmás Purriños, Yolanda e Inma, están unha vez máis de noraboa ao ter acadado tres novas nominacións aos prestixiosos premios Goya de fotografía.

Nesta ocasión, as vilalbesas concorren ambas na modalidade de retrato xunto a outras oito imaxes de fotógrafos de toda España. Ademais, Inma, que xa conseguiu este recoñecemento en 2003, tamén suma unha nova nominación na categoría de libre creación.

"Es todo un honor y una recompensa a nuestro trabajo y esfuerzo por estar siempre aprendiendo", din as fotógrafas, que cualifican de "increíble" que entre as 365 obras presentadas ao certame, tres sexan súas.

Os gañadores coñeceranse na Gala dos Premios Goya que se celebrará o 2 de febreiro en Zaragoza.

Comentarios