lunes. 23.11.2020 |
El tiempo
lunes. 23.11.2020
El tiempo

Iria Misa coróase como a gañadora do cuarto premio Agustín Fernández Paz

Iria Misa Peralba. AEP
Iria Misa Peralba. AEP
A cidade do átomo, que venceu entre as 21 obras presentadas, retrata a localidade de Pripiat tras o accidente de Chernóbil

A escritora Iria Misa Peralba alzouse como a vencedora do IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, convocado polo Iescha, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais, coa obra A cidade do átomo.

Misa Peralba, de Gondomar, presentou unha proposta que convenceu ao xurado, composto por Manuel Bragado, María Xesús Fernández e Antía Yáñez -galardoada en 2019-, pola "alta calidade da lingua empregada, así como a amenidade dun relato no que se mesturan textualidades diversas", apuntan desde a organización.

En A cidade do átomo destaca, ademais, "a orixinalidade" dun relato que retrata a paisaxe abandonada da cidade ucraína de Pripiat tras o accidente nuclear do 27 de abril de 1986 na central de Chernóbil. E aínda que vai dirixido ao público infantil, "pode interesar ao lector de calquera idade", xa que fai posible "coñecer outras realidades dende a nosa lingua", engaden desde o Iescha.

Nesta edición presentáronse sete obras máis que o pasado ano e, de entre todas as propostas, o xurado destacou a "alta calidade media"

Neste ano, no que novamente se premia a unha muller, presentáronse 21 propostas, sete máis que o ano pasado, unha tendencia á alza que demostra o afianzamento do certame no panorama literario galego.

Ademais de A cidade do átomo, que concorreu baixo o lema A máscara, o xurado tamén salienta "a alta calidade media" das pezas e recomenda a publicación dos orixinais presentados cos lemas Monadas cuánticas, Bartolina Sisa e Vega.

Iria Misa coróase como a gañadora do cuarto premio Agustín...
Comentarios