Unha iniciativa comunitaria enche de mecos Muras polo Entroido

O Concello apostou por decorar as rúas nestas datas e un grupo dunhas 15 mulleres fixeron o traballo nas clases de manualidades 

Mecos en Muras (4)
photo_camera Mecos en Muras (4)

Unha iniMecos en Muras (3)ciativa comunitaria enche de mecos as rúas do concello de Muras polo Entroido cunha proposta novedosa que trata de afondar nas tradicións. Os novos visitantes repártense por todo o casco urbano, sentados en prazas ou amarrados en sinais de tráfico, para despertar sorrisos entre os transeúntes de sempre e os visitantes que chegan para deixar claro que estes días é o tempo dos disfraces e das máscaras.

A iniciativa foi proposta polo Concello á profesora de manualidades, Cristina Fernández, para facer coas mulleres que asisten as súas clases. E a resposta foi unánime.

Mecos en Muras (2)"Xurdiu da idea de decorar as rúas igual que se decoran en Nadal pero con temática de Entroido. Sempre tiven esa teima, que o que fai o Concello teña algún efecto no pobo e a idea de facer os bonecos foi moi ben aceptada", explica Belén Chao, a tenente de alcalde do Concello de Muras, quen se mostraba "contenta" e orgullosa dunha iniciativa que xerou dende o principio "unión, motivación e moito traballo desinteresado" e que está tendo unha "repercusión no pobo".

O grupo de 15 mulleres das clases de manualidades preparou os bonecos durante as últimas semanas e dado o éxito do seu traballo esta fin de semana colocaranse máis noutros puntos do municipio.

Mecos en Muras (1)

Comentarios