Un incendio nun alpendre en Cospeito calcina dous vehículos

O lume puido terse iniciado nunha furgoneta

Alpendre calcinado en Roás. EP
photo_camera Alpendre calcinado en Roás. EP

Un incendio nun alpendre en Roás (Cospeito) calcinou parcialmente dous vehículos que estaban no seu interior.

Foron os propietarios da nave os que deron aviso do lume sobre as 14.00 horas aos Bombeiros de Vilalba, xa que esta se atopaba preto da vivenda familiar.

Os vehículos afectados son unha furgoneta –segundo as primeiras hipóteses a posible causante do incendio e un turismo que quedaron seriamente danados, así como a estructura do recinto.