Inauguración oficial da peña deportivista Bebel García en Guitiriz

O pub Xoldra, sede da entidade, acolleu unha festa que contou coa asistencia de xogadores e xogadoras do Real Club Deportivo
Presentación da Peña Bebel en Guitiriz. REAL CLUB DEPORTIVO
photo_camera Presentación da Peña Bebel en Guitiriz. REAL CLUB DEPORTIVO

A peña deportivista Bebel García nacía hai tres anos, tomando para si o nome dun dos Irmáns da Lexía, un xogador do Real Club Deportivo de La Coruña apresado na parroquia guitiricense de San Mariña, onde se ergueu un monumento na súa memoria e na de seus irmáns Jaurés e France. A pandemia impediu celebrar a súa creación como tal acontecemento se merecía, polo que houbo que esperar a que se dese o instante propicio.

Presentación oficial da peña deportivista Bebel en Guitiriz. REAL CLUB DEPORTIVO
Presentación oficial da peña deportivista Bebel en Guitiriz. REAL CLUB DEPORTIVO

E ese momento tivo lugar no pub Xoldra de Guitiriz, que ademais é a sede da peña, esta semana, cunha animada festa que contou ademais coa asistencia de xogadores e xogadoras do Dépor: Quiles, Raúl Villares e Aroa Guerra, dos primeiros equipos, e a guitiricense María Calvo, que milita no Dépor B. O concorrido acto completouse coa entrega dun diploma por parte da federación de peñas.

Festa de inauguración a peña deportivista Bebel de Guitiriz. REAL CLUB DEPORTIVO
Festa de inauguración a peña deportivista Bebel de Guitiriz. REAL CLUB DEPORTIVO

A peña Bebel García, que preside Suso Figueira, conta xa con máis de de 40 integrantes e da súa directiva tamén forman parte Xosé Lois González Souto Pereira, Marcos Alvariño, Patricia Fraga, María Vázquez Cebeira, Eva Vázquez, Gonzalo de la Torre e Chito Corbelle.

 

Comentarios