O Institituto de Estudos Chairegos (Iescha) e o Concello de Guitiriz veñen de inaugurar a sétima edición da mostra Tal como eramos, que ofrece un total de 120 fotografías na Casa Habanera.
O acto inaugural contou cun visionado das imaxes que compoñen a exposición da man de Manuel Castro Santamariña, natural de Guitiriz e integrante da directiva do Iecha.
Houbo tamén actuacións musicais do grupo de pandeireteiras Na Casa Zoqueiro e da Coral de Xermolos, así coma uns pinchos para clausurar o evento.
As fotografías, que amosan festas, competicións deportivas, retratos, imaxes de grupo, eventos familiares ou distintos labores, tamén se recollerán no novo volume do Caderno de Estudos Chairegos, xunto ás que formaron parte da exposición Tal como eramos de Vilalba.
