miércoles. 28.07.2021 |
El tiempo
miércoles. 28.07.2021
El tiempo

A inauguración da caseta do polbo de Castro de Rei reuniu a un cento de veciños

Inauguración da nova caseta do polbo de Castro de Rei. M.ROCA
Inauguración da nova caseta do polbo de Castro de Rei. M.ROCA

A instalación, que tivo un orzamento de 70.000 euros, xa está dispoñible para a feira deste domingo

Ao redor dun cento de persoas participou no acto inaugural da nova caseta para o polbo do campo da feira de Castro de Rei, unha instalación que contou cun orzamento de 70.000 euros e que xa estará dispoñible para todos os visitantes á feira que se celebra este domingo. 

A inauguración consistiu nun pequeno ágape promovido polo Concello ao que estaban convidados todos aqueles veciños que quixesen ir e que consistiu nuns entrantes, churrasco e polbo. 

No acto estiveron presentes o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, e a maior parte dos membros da corporación municipal, ademais de representantes da asociación Amigos da Feira, que cedía o anterior local para o polbo. 

A nova instalación, construída en madeira e cos laterais acristalados co obxectivo de conseguir a súa máxima integración co espazo natural no que se atopa, ten unha superficie de 60 metros cadrados con capacidade para acoller a un máximo de medio cento de persoas. O seu deseño foi obra do arquitecto Álvaro Rouco e Miguel Ángel López González foi o aparellador da obra. 

O investimento neste proxecto foi de 70.000 euros, dos que 50.000 foron financiados a través dunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o resto, con fondos das arcas municipais.

A inauguración da caseta do polbo de Castro de Rei reuniu a un...
Comentarios