Un total de 17 locais de Vilalba participan nas II Xornadas Gastronómicas da Raza Porco Celta

A asociación de empresarios Sete Pontes e a gandería vilalbesa Fraga do Coto promoven esta iniciativa, cuxas tapas se poderán degustar dende este xoves 21 ata o domingo 24, en horario de 13.00 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 horas, a un prezo único de 2,5 euros

Presentación das II Xornadas Gastronómicas da Raza Porco Celta.EP
photo_camera Presentación das II Xornadas Gastronómicas da Raza Porco Celta.EP

A asociación de empresarios Sete Pontes de Vilalba e a gandería Fraga do Coto, xunto con Asoporcel, promoven a celebración das II Xornadas Gastronómicas da Raza Porco Celta de Vilalba, logo do grande éxito acadado pola primeira convocatoria. Nesta ocasión, 17 establecementos de hostalaría da capital chairega sumáronse á iniciativa, que se desenvolve dende este xoves, día 21, ata o domingo 24.

Os locais ofrecen a súas tapas, das que os promotores destacan a gran variedade, a un prezo único de 2,5 euros, aínda que a maiores varos dos establecementos tamén poden ofrecer racións ou incluir os produtos do porco celta no menú.

O horario de degustación está fixado de 13.00 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 horas, tal e como precisaron Manuel Silvosa, de Sete Pontes, e Saúl Rouco Trastoy, de Fraga do Coto, na presentación dunhas xornadas que buscar pór en valor e promocionar unha que conta co distintivo de 100% autóctona.

As 17 propostas
A Taberna. Porco celta á Taberna
A Taberna de Míchel. Porco celta ao Míchel
Puro TeatroCelta boom!
Alborada. Cojonudas
Cristal. Lacón asado e grelos con rustrido
Centro. Moi de aquí
Pafe. O bo sabor a celta
Oasis. Burguer celta
Centro Cultural e Recreativo. Porco celta cultural
Lembranzas. Segredos de celta
Stama. Bocado celta
Xoldra. Rock & Roll
Attica 21. Torta de millo, porco celta e o seu adobo
La Casa del Lobo. Cocido celta
Mesón do Campo. Porco celta Mesón do Campo
Parador de Vilalba. Porquiño dos Andrade
A Lareira. Delicias celtas 

 

Comentarios