martes. 21.09.2021 |
El tiempo
martes. 21.09.2021
El tiempo

Igrexa de Baamonde: Espazo espiritual e de poder da natureza

Acceso ao templo de Baamonde e, á man dereita, o castiñeiro. MARTA MANCEBO
Acceso ao templo de Baamonde e, á man dereita, o castiñeiro. MARTA MANCEBO
No corazón da parroquia begontesa os peregrinos e visitantes poden desfrutar dun conxunto arquitectónico único conformado por un impoñente templo, un calvario e un castiñeiro centenario
O lugar
No núcleo de Baamonde hai que coller a Nacional VI en dirección Guitiriz e desviarse uns metros na Rúa do Museo.
Historia
O templo, de orixe románico, comezou a construírse no século IX. Conservouse unha pedra de forma prismática dun metro de altura que foi achada nas últimas reformas baixo o altar maior. Foi un tempo a base da pía da auga bendita.
Camiño
A carón do templo discorre unha das etapas do Camiño Norte. Baamonde sitúase a 103 quilómetros de distancia de Santiago

IGLESIA, CASTIÑEIRO Y CALVA (3)No corazón da parroquia begontesa de Baamonde, os peregrinos que escollen o Camiño Norte, pero tamén calquera outro visitante que decide adentrarse nestas terras, pode gozar dun conxunto arquitectónico único, no que a espiritualidade se mestura co poder da natureza.

O impoñente templo na honra a Santiago, que sufriu diferentes reformas dende que se puxo en pé —foi derrubado en parte durante as revoltas irmandiñas e reconstruído por orde do bispo de Mondoñedo, Pedro Arias Vaamonde, natural da vila—, non é o único atractivo neste espazo ao pé da estrada Nacional VI.

No adro hai un fermoso conxunto escultórico de tres cruceiros do século XVII formando un calvario. Os laterais presentan unha cruz simple e o central as imaxes do Cristo e da Virxe Dolorosa. Foi trasladado a este emprazamento dende o seu lugar orixinal. IGLESIA, CASTIÑEIRO Y CALVA (4)

A isto súmase un castiñeiro centenario de case 13 metros de alto no que o escultor Víctor Corral construíu a capela máis pequena do mundo na honra á Virxe do Rosario, patroa de Baamonde.

Fíxoo para evitar que o exemplar, con máis de 700 anos de vida, fose talado cunhas obras de ampliación na N-VI en 1971. Conseguiu o indulto e converteuno en parada obrigada.

Igrexa de Baamonde: Espazo espiritual e de poder da natureza
Comentarios