Viernes. 21.09.2018 |
El tiempo
Viernes. 21.09.2018
El tiempo

O Iescha inaugura a novena mostra 'Tal como eramos' con "234 momentos da vida"

Inaguración da exposición 'Tal como eramos'. C.PÉREZ
Inaguración da exposición 'Tal como eramos'. C.PÉREZ

A exposición fotográfica poderase ver no auditorio municipal de Vilalba ata o 30 de setembro

O Instituto de Estudios Chairegos inaugurou este venres a novena edición da mostra fotográfica bienal Tal como eramos. Fotos para o recordo, que poderá verse no auditorio municipal de Vilalba ata o día 30 de sestembro.

A exposición ofrece a oportunidade de descubrir, tal e como salientou a presidenta do Iescha, Marisa Barreiro, "234 momentos da vida" das persoas que son protagonistas doutras tantas fotografías antigas que compoñen a escolma realizada entre as máis de 15.000 imaxes do arquivo da entidade.

"Cando facemos unha foto é para que perdure, é un momento importante para nós", indicou Barreiro, agradecendo a colaboración de todos aqueles veciños que ao longo dos anos foron cedendo os seus recordos e tesouros familiares para facer posible traballos de memoria gráfica coma esta mostra, que repasa boa parte do século XX.

Inauguración da mostra 'Tal como eramos'. C.PÉREZ

O Iescha inaugura a novena mostra 'Tal como eramos' con "234...
Comentarios