O IES Pedregal de Irimia de Meira estrea un novo mural

Alicia Merino e Alberto Molino quixeron representar a liberdade de elección da xente nova a través da obra 'Quero expresarme libre'
Alicia Merino e Alberto Molino, coa obra 'Quero expresarme libre'. EP
photo_camera Alicia Merino e Alberto Molino, coa obra 'Quero expresarme libre'. EP

O IES Pedregal de Irimia de Meira conta cun novo mural no seu patio traseiro, obra da profesora de debuxo do centro, Alicia Merino, e do seu amigo Alberto Molino. Entre os dous artistas elaboraron a idea e plasmárona na parede do instituto coa lenda Quero expresarme libre.

Dende o centro meirego explican que, "a través dunha nena berrando e rompendo unhas cadeas que simbolizan o descoñecemento, a ignorancia e os prexuízos", o mural busca reivindicar "a liberdade de elección da xente nova; centrándose en potenciar as súas fortalezas e dirixindo a súa vida cara algo que verdadeiramente os encha", conclúen.

Proceso de creación do mural. EP
Proceso de creación do mural. EP

Comentarios