O IES Pedregal de Irimia despediu o curso cunha carreira solidaria

Máis de 100 persoas, entre estudantes e adultos, participaron na proba, na que se recadaron uns 130 quilogramos de comida non perecedoira que foi doada a Cáritas de Meira
Carreira solidaria do IES Pedregal de Irimia. EP
photo_camera Carreira solidaria do IES Pedregal de Irimia. EP

O IES Pedregal de Irimia aproveitou a última xornada lectiva para promover, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, unha carreira solidaria e reivindicativa que contou coa participación dun total de 114 deportistas.

A proba dividiuse en tres modalidades, unha de paseo, cun itinerario de 1,2 quilómetros, e dúas delas competitivas, cun percorrido de 1,2 quilómetros para o alumnado de primeiro, segundo e terceiro de secundaria; e outro de 2,4 quilómetros, para cuarto de Eso, Bac e adultos.

Carreira solidaria do IES Pedregal de Irimia. EP
Unha da saídas da carreira solidaria do IES Pedregal de Irimia. EP

A inscrición da proba, ao ser solidaria, consistiu en entregar un quilo de comida non perecedoira, xuntándose finalmente uns 130 quilos (houbo quen fixo unha achega maior ou quen doou sen participar) que foron entregados a Cáritas de Meira. A ocasión tamén se aproveitou para entregarlle ao párroco Miguel Asorey un vale por 76 euros, correspondente aos cartos recadados polo alumnado de primeiro de bacharelato coa venda de caraveis por San Valentín.

Entrega a Miguel Asorey da colaboración con Cáritas. EP
Entrega a Miguel Asorey da colaboración con Cáritas. EP

A carreira tivo tamén carácter reivindicativo, pois dende o centro aproveitaron para solicitar un ano máis a concesión dun Día das Letras Galegas para Avelino Díaz

Dende o IES Pedregal de Irimia agradeceron a implicación da Federación Galega de Atletismo, do Concello de Meira e da Secretería Xeral para o Deporte para poder organizar a carreira, así coma a colaboración de Naturleite, da asociación cultural Avelino Díaz, de Cáritas de Meira, da Garda Civil de Meira e de Protección Civil de Meira.

Carreira solidaria do IES Pedregal de Irimia. EP
Carreira solidaria do IES Pedregal de Irimia. EP

 

Comentarios