O IES Basanta Silva obtén o segundo premio do II Certame Coreografíate

A coreografía 'Movémonos contra a violencia de xénero' valeulle ás alumnas do centro para obter un galardón
                      Grupo de alumnas do IES Basanta Silva de Vilalba que participou no II Coreografíate.
photo_camera Grupo de alumnas do IES Basanta Silva de Vilalba que participou no II Coreografíate. EP.

Un grupo de alumnas do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba, coordinadas pola profesora Almudena Falcón, gañou o segundo premio á mellor coreografía de centros de ensino do II Certame Coreografíate co baile Movémonos contra a violencia de xénero.

"Ocorreuseme porque quería conmemorar o 25-N, propúxeno na clase e animáronse", lembra a mestra. A canción elixida foi Fame de odio, das Tanxugueiras, xa que "fala do empoderamento da muller e pegaba co que queriamos expresar", explica.

"Estamos moi orgullosas e é todo mérito das alumnas, que o fixeron xenial, elaborando elas a coreografía", precisa, sen descartar que se volva participar, posto que tanto esta actividade coma todas as que organizan o centro e a biblioteca, "son moi necesarias e importantes, e reflicten que no instituto hai cousas chulas e orixinais para facer", conclúe Falcón.

Na súa categoría, o primeiro premio levouno o Ceip de Ponzos (Ferrol), mentres que na xeral foron recoñecidas Aida Pérez Fernández, Luz de la Iglesia García e Johanna Hesse.

Comentarios