domingo. 07.06.2020 |
El tiempo
domingo. 07.06.2020
El tiempo

Manuel Rivas recupera nun blog a historia viva de Labrada e dos labradeses

Un veciño da parroquia de Abadin reuniu unhas 200 fotografías históricas, así como antigos recortes de prensa

"Nas navetas das casas hai grandísimos tesouros", di o artífice de darlles outra vida a esas xoias en forma de vellas fotografías. Manuel Rivas, un veciño de Labrada (Abadín) empeñado en que a historia chegue a todos, decidiu dar un paso adiante e crear o blog Labrada e os labradeses, unha fiestra aberta ao pasado da parroquia.

Generated by  IJG JPEG LibraryA paixón pola fotografía venlle dende os 15 anos, cando un tío lle trouxo de Londres a súa primeira cámara coa que fixo máis de 1.000 instantáneas. Aí comprendeu que "as fotos son un ben cultural, non son algo de un, senón de todos", así que comezou a compartilas coa familia, espallada polo planeta. "E pregunteime: e as fotos que teñen os demais?", lembra ao tempo que comeza a relatar como se fraguou un proxecto que acapara unhas 200 imaxes, máis de 200.000 visitas e 68 entradas temáticas.

Logo de facerse coas imaxes cedidas polos seus familiares, amigos e veciños viu necesaria a súa organización por bloques: xente de Labrada, historia, rochas e penas, o traballo, os capítulos escuros da parroquia, escapados da posguerra, capelas e escolas. Todas están documentadas coa súa correspondente data, aínda que non foi unha tarefa fácil, xa que "moitos tiñan unha certa idade e non están seguros", afirma, polo que recurriu a fontes documentais, como o libro de nacementos e defuncións de Labrada, ao que accedeu grazas ao párroco.

Generated by  IJG JPEG LibraryTamén indagou nos antepasados "de fai 7.000 ou 8.000 anos" da man de Eduardo Ramil, director do museo vilalbés, -Manuel tamen realizou a súa propia árbore xenealóxica- investigou nos arquivos dixitais, no diocesano e no militar de Ferrol, e botou man de expertos como Juan Ramón Vidal Romaní, Ana Cabana Iglesias, Antonio Riveira, Manuel Regal ou Armando Requeixo.

Ese interese polo pasado labradés fíxolle traspasar fronteiras e no blog pódense atopar documentos históricos sobre calquera parroquia de Abadín. De feito, Manuel destaca como un dos descubrimentos que máis lle chamou a atención foi "saber que a viúva de Pardo de Cela se refuxiou no Castelo Grande de Castromaior cando foi axustizado", aínda que tal e como recoñece "sorpréndeste de todo canto che van contando, de como relatan o medo que todos lle tiñan ao falanxista José Viador Traseiras, que o matou un gardarríos na Fraga Vella".

Generated by  IJG JPEG LibraryLabrada e os labradeses é un proxecto vivo que comezou a albergar antigos recortes de prensa, "unha bendición» polo aporte que supoñen para quen quere saber «de onde vimos" e quen saca tempo de onde non o hai. Manuel vive da súa gandaría de raza rubia galega, pero quizais quen lle dá boa parte desa vida é a viaxe na que embarca cando se mergulla nos milleiros de recordos que non só son del, senón de todos.

Manuel Rivas recupera nun blog a historia viva de Labrada e dos...
Comentarios