martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

SE EU FOSE PRESIDENTE

"Hai que facer que a xente nova se enganche ao rural, dignificar a vida nel"

José Manuel Rus. ARQUIVO
José Manuel Rus. ARQUIVO

Despois de dúas décadas na comisión organizadora da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu) e da Festa da Filloa, poucos quedan sen coñecer a José Manuel Rus, coordinador das dúas citas emblemáticas desta localidade. 

Que sería o primeiro que faría se chegara a presidente da Xunta? 
O primeiro, nomear Goberno e despois, establecer políticas reais coas que reverter a curva poboacional a través de medidas de conciliación da vida laboral e familiar que promovan, á súa vez, o incremento da natalidade. É dicir, impulsar máis os servizos como as garderías públicas e que nelas tivesen certas condicións ventaxosas aqueles casos nos que os dous proxenitores teñen que traballar. Logo, revitalizar o rural. 

De que maneira? 
Incentivando as licencias de rehabilitación e construción de vivendas e mantendo servizos como o transporte público. Sen servizos non temos xente, pero sen xente tampouco temos servizos. 

E no sector agrogandeiro? 
Eu impulsaría a concentración parcelaria ou, no seu defecto, unha especie de banco de terras. E que a xente nova se enganche ao rural, dignificar a vida nel e dotar aos seus produtos e á súa xente de valor engadido. Quizais tamén estaría ben que os particulares puidesen vender os seus excedentes en feiras e mercados, cunha taxa e garantías, para que non se viran obrigados a tirar produtos. 

A política pasa por unha crise de prestixio na sociedade. 
Para recuperalo os políticos teñen que ser sinceros e crer o que din. Axudaría que houbera límite de mandatos —con pros e contras— e que se fixera a política atractiva para que as persoas máis válidas quixeran entrar nela e adicar anos da súa vida a servir á cidadanía. 

Pactaría? 
No mundo no que estamos hai que falar e entenderse, tamén cos que teñen ideas diferentes ás nosas.

"Hai que facer que a xente nova se enganche ao rural, dignificar a...
Comentarios