Moisés Carballeira: "Hai apuntadas arredor de 300 persoas para a xuntanza"

Entrevista cun dos directivos da asociación de empresarios Sete Pontes e organizador do evento
Moisés Carballeira. D. CENDÁN.
photo_camera Moisés Carballeira. D. CENDÁN

A xuntanza da asociación de empresarios Sete Pontes encara este venres, día 25, unha nova edición, a número 17, na que é a súa volta despois de estar dous anos sen celebrarse debido á pandemia do coronavirus e ás restricións. Esta volta faise nunha data pouco habitual, en novembro, cando antes era sempre en xuño, polo San Xoán.

Como se organizou este ano a xuntanza?
O cambio principal foi a data, xa que este era un evento que sempre se facía por San Xoán, pero este ano, por certos motivos, non se puido,pero nos queriámola ter, e máis aínda ao levar sen facerse desde 2019 polo covid. Entón facémola agora en novembro, sendo venres, como nas anteriores. Polo resto, é todo como sempre, coa diferenza de que este ano, en vez de ser nunha carpa, vai ser na nave que está ao lado de Cruz Vermella.

Hai cambios con respecto a como se fixo outros anos?
A xuntanza foi cambiando co tempo, xa que ao principio faciámola gratis, e isto foi mudando pouco a pouco. Este ano cobramos oito euros para socios e asociados, e doce para a xente que non pertence á asociación pero quere vir desfrutar da festa igual. Non buscamos obter beneficios para a asociación, de feito nós só sacamos algo cos non socios, e é para gastos do evento.

Que menú van desfrutar nesta cea?
A cea vai ser a base de churrasco, liscos, alas de polo, chourizo, queixo, pan, bebida e café, e vai empezar sobre as 21.00 horas, cando nos deamos xuntado todos.

Cantos apuntados teñen a día de hoxe?
Arredor de 300 persoas, coas incricións xa pechadas. Aínda así, no propio día imos ter xente na porta por se hai persoas que se enteraron tarde e queren vir, co que poderán coller alí o tícket. Ao non ser no verán vai haber menos xente, xa que algún ano chegamos a xuntar ata 500 persoas ou incluso máis.

Comentarios