TALES PAIS, TALES FILLOS

"Gústame moito que estean aquí, pero nunca foi nada obrigatorio"

Manuel Cazás, de 60 anos, e dous dos seus fillos, José Manuel e Miguel, traballan xuntos na carpintería familiar de Cázas, en Xermade 

Carpintería Cazás, en Xermade. C.ARIAS
photo_camera Carpintería Cazás, en Xermade. C.ARIAS

Manuel non tivo opción e non quixo facer o mesmo cos seus fillos, que elixiron traballar na carpintería familiar que empezou o seu avó, José, "cunha serra pequena".

"Eu empecei aos 14 anos e eles entraron con 18 e 19. Gústame que estean aquí pero nunca foi nada  obrigatorio", resalta Manuel.

"Para nós foi vocación. Levámolo vendo na casa de sempre, choio había e chegaría un momento en que se acabaría sen relevos", di a segunda xeración, que asegura que o do pai-xefe non se leva mal. "Para algunhas cousas é máis fácil, iso si, implícaste máis porque é o negocio familiar", aseguran. 

"Ás veces vas comer e sigues falando e traballo. Cousas do negocio", explican, pero aseguran que se levan  "moi ben" e que nunca tiveron roces.

"Intento deixarlles facer o que eles queiran, sempre que non sexan vaguetes. Posiblemente lle pediría máis a un  empregado, a min esixíronme moito, e sentes moito orgullo cando ves un traballo ben feito", explica o proxenitor, que asegura que lonxe de separarse fóra do traballo, buscan tempo a maiores.

"Somos moi familiares. Antes viviamos aquí todos xuntos, agora veñen case todas as fins de semana", di. 

Carpintería Cazás. Seis mans para a madeira 
Manuel, Miguel e José Manuel son os únicos traballadores da carpintería familiar, que foi cambiando moito co paso do tempo. Os seus principais clientes están cara As Pontes e Vilalba, pero tamén teñen en Ferrol e noutros lugares. "E no traballo nunca fracasamos", di o proxenitor. 

Comentarios