Guitiriz reforza a promoción turística cun vídeo, trípticos e unha nova web

A acción desenvolvida polo Concello enmárcase no proxecto Excelencia no Camiño Norte. Gerardo Criado e Marisol Morandeira desexaron que a pandemia non free aos peregrinos
Presentación do vídeo promocional de Guitiriz. C.PÉREZ
photo_camera Presentación do vídeo promocional de Guitiriz. C.PÉREZ

O Concello de Guitiriz presentou este luns, nun acto na Casa Habanera, as súas novas accións promocionais de cara ao Xacobeo 2021-2022, incluídas no proxecto Excelencia no Camiño Norte e a través das que se busca pór en valor os recursos dun municipio atravesado por dúas variantes desta ruta xacobea. 

Esta iniciativa promocional susténtase sobre tres pés, entre os que destaca unha peza audiovisual, protagonizada por varias emprendedoras do municipio, que lle poñen voz ás potencialidades da paisaxe e dos enclaves turísticos, con especial atención á ruta xacobea, que permite descubrir emprazamentos coma o San Alberte, e a outro dos sinais de identidade de Guitiriz, as tres fontes mineromedicinais, mais sen esquecer outros emprazamentos singurales, coma o Muíño da Ruxida.

A presentación aproveitouse tamén para dar a coñecer o novo folleto promocional sobre o Camiño Norte ao seu paso por Guitiriz, no que se recollen máis dunha ducia de puntos de interese, entre eles a Presa de Merra, Pena Xiboi ou a Cova da Serpe

O proxecto divulgativo complétase cunha nova páxina web de turismo, "un espazo moderno, intuitivo e áxil" no que se poden atopar información sobre como chegar ao concello, que ver nel e onde comer ou durmir.

A posta de largo destas estratexias contou coa presenza do xefe territorial de Presidencia da Xunta en Lugo, Gerardo Criado, quen valorou como "extraordinariamente ben feito" o vídeo promocional, unha peza curta que se centra "no que interesa", desexando que a pandemia non impida a afluencia de peregrinos.

A peza audiovisual recolle as potencialidades turísticas do municipio, relatadas por varias emprendedoras locais


"Cando se puxo en marcha o Xacobeo parecía un brindis ao sol, e hoxe sabemos que ademais de enxalzar Galicia e o turismo, está sendo un potencial económico", apuntou Criado, botando a vista atrás sobre unha iniciativa autonómica que se mantén moi viva. 
O xefe territorial destacou ademais que propostas como O Teu Xacobeo tentan "facilitar a promoción da excelencia no Camiño", a través de colaboracións cos concellos.

"En Guitiriz sodes un exemplo", gabou tamén Criado, polo labor que se leva anos a facer para potenciar recursos propios, coma a agua e a pedra.

«O mellor recoñecemento é ver o camiño cheo de peregrinos», destacou pola súa banda a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, quen quixo salientar a aposta do goberno local pola posta en valor do patrimonio cultural e natural do municipio.
Para este cometido, segundo salientou, resulta fundamentar ter presencia virtual, de aí que se apostase por reformar a web turística, un traballo do que se responsabilizou unha veciña de Guitiriz, Julia Saavedra.

"É un escaparate para mostrar o potencia de Guitiriz, a nivel do contorno e tamén gastronómico", indicou a autora, detallando algúns dos contidos, como información sobre a historia local, as rutas de sendeirismo, a posibilidade de facer visitas guiadas ou a célebre torta de millo.

Comentarios