Guitiriz pon en marcha un programa de compostaxe comunitaria

Veñen de instalarse illas en tres puntos do municipio para recoller os residuos orgánicos e biorresiduos xerados nas vivendas e negocios
Fachada de la casa consitorial de Guitiriz. GSV
photo_camera Casa consistorial de Guitiriz. GSV

O Concello de Guitiriz vén de poñer en marcha o seu programa de compostaxe comunitaria, a través do que pretende que a veciñanza poida levar a un punto común os residuos orgánicos e biorresiduos xerados nas súas vivendas e negocios.

Desta forma, os guitiricenses poderán destinar os seus residuos á compostaxe aínda que non teñan unha zona para colocar un composteiro de grandes dimensións, xa que os restos deberán trasladalos ás chamadas illas de compostaxe para realizar esta iniciativa comunitaria.

O goberno municipal procedeu á instalación de tres puntos no municipio. Dous estarán no casco urbano de Guitiriz, un na Rúa Traoluteiro e outro fronte ao cuartel da Garda Civil, e outro ubicarase en Parga, na Avenida da Paz.

As persoas que estean interesadas en participar neste proxecto recibirán, de forma totalmente gratuíta, un recipiente de dez litros para que poidan depositar nel os biorresiduos, así como un manual de compostaxe doméstico.

Para iso, deberán poñerse en contacto co servizo municipal de Medio Ambiente chamando ao número de teléfono 982.37.01.09.

Comentarios