domingo. 18.04.2021 |
El tiempo
domingo. 18.04.2021
El tiempo

Guitiriz esixe información "veraz" sobre a matriculación do Ceip de Baamonde

Movilización desarrollada en enero contra el cierre del colegio de Baamonde. ARCHIVO
Movilización que tivo lugar en xaneiro contra o peche do colexio de Baamonde. ARCHIVO
O pleno aprobou por unanimidade unha moción na que se lembra que os alumnos de Pígara teñen dereito a transporte e comedor gratuíto no concello 

A corporación de Guitiriz aprobou por unanimidade unha moción do PSOE na que se lle pide á Xunta que lle ofreza ás familias do Ceip de Baamonde unha información "veraz" sobre os dereitos que as amparan e as súas posibilidades de matriculación, logo de comprobar que as pertencentes á parroquia de Pígara, e que supoñen practicamente a metade dos 30 escolares que ten este curso o centro begontés, están "totalmente desinformadas".

Na moción lémbrase que a lexislación vixente garántelles ás familias "poder elixir un colexio situado no mesmo concello onde residen e obriga a garantirlles tanto o transporte ao centro da súa elección como o dereito ao comedor de xeito gratuíto", malia que nun escrito remitido á Anpa de Baamonde non se especificaba este punto.

Veciños e familias de Baamonde rexeitaron dende un primeiro momento o proxecto de unificación de centros impulsado polo Concello de Begonte e amparado pola Xunta, buscando alternativas se se consumaba o peche do Ceip de Baamonde.

Entre os apoios que sumaron figura o da comunidade de montes de Parga, que logo de falalo coa Anpa local e co colexio, lle ofreceu ás familias de Baamonde asumir a metade do custo do comedor para aquel alumnado que se matriculase no Ceip Santo Estevo de Parga e non tivese dereito a este servizo. Ademais, estudan axudas ao transporte escolar.

Guitiriz esixe información "veraz" sobre a matriculación do Ceip de...
Comentarios