A vilarega Piedad Gómez cumpre 100 anos

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, acudiu á súa casa para felicitala en persoa
A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, felicitou a Piedad Gómez polo seu centenario. EP
photo_camera A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, felicitou a Piedad Gómez polo seu centenario. EP

Piedad Gómez, veciña da aldea do Fagundo, na parroquia dos Vilares, onde vive co seu fillo e a súa nora, ademais do seu neto e do consogro, vén de celebrar os seus 100 anos de vida.

Neste aniversario tan especial, ademais de estar arroupada pola súa familia, Piedad contou coa visita da alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, que quixo felicitala en persoa pola súa lonxevidade.

Comentarios