O gaiteiro Raúl Galego será nomeado Chairego de Honra o vindeiro sábado, 17 de novembro, en Vilalba.
O acto celebrarase no Centro Cultural e Recreativo ás 12.00 horas e contará coa participación músico Mero Iglesias, o xornalista Xulio Xiz, o escritor David Otero, o músico Xurxo Souto, o coordinador de Xermolos, Alfonso Blanco, ademáis propio gaiteiro de Agolada.
A cotinuación celebrarase un xantar no restaurante O Lanzós. O custo da comida é de 20 euros e os interesados en asistir poden apuntarse antes do día 15 no teléfono 646.413.890.
A asociación Xermolos e a Irmandande Manuel María, organizadores do Chairego de Honra, recoñecen deste xeito o labor de Raúl Galego a prol da cultura, así como os moitos anos que leva colaborando desisteresadamente con ambas entidades.