Martes. 11.12.2018 |
El tiempo
Martes. 11.12.2018
El tiempo

Frialde despide á veciña falecida logo de sufrir un accidente o día 6 en Pol

Os veciños da parroquia polense de Frialde despediron na tarde deste domingo a Marina Picos Pillado, de 85 anos de idade, tras non conseguir recuperarse das feridas sufridas nun accidente de tráfico acontecido no propio municipio o pasado venres, día 6.

A muller, viúva de Manuel Vilabella Gómez, faleceu o sábado no Hula e foi enterrada este domingo ás 19.00 horas na súa parroquia natal. Pese a que residía dende hai anos fóra do municipio, pasaba uns días en Pol coa familia pero a traxedia fixo que se vira implicada nun suceso que lle custou a vida.

O pasado venres viaxaba nun coche con outra muller pola estrada que une Mondriz e Rioxoán, a LU-760, a altura do quilómetro 5, ao seu paso pola parroquia de Cirio. Ía no asento do acompañante e o vehículo no que viaxaban saíu da vía e impactou contra unha taxea, tras o que envorcou nunha cuneta profunda.

As dúas ocupantes resultaron feridas. A condutora continúa ingresada pero a acompañante non conseguiu salvarse.

Frialde despide á veciña falecida logo de sufrir un accidente o día...