RECUNCHOS A DESCUBRIR

Os Freires: unha ponte firme como lugar de paso

A ponte sobre o río Magdalena situada na estrada cara a Ferrol marca o inicio da zona urbana de Vilalba e tamén un punto de partida, ou chegada, do paseo fluvial.
imgData
photo_camera Ponte dos Freires. M.ROCA
O lugar
A ponte sobre o río Magdalena situada na estrada LU-861 entre Vilalba e Ferrol marca o inicio da zona urbana na capital chairega, sendo aínda a parroquia de Mourence.
Promoción
No 2008 abriuse o tramo dun quilómetro que se ampliou do paseo fluvial, entre a praia e esta ponte.
Curiosidades
Nos Freires había un cruceiro centenario que deu moitas voltas nos últimos tempos. Desapareceu en 1996 e repúxose no 2005 tras localizalo cinco anos antes na casa dun veciño. Volve estar ausente tras un acto vandálico no 2010.

imgData

O río Magdalena marca a fisonomía da capital chairega e tamén os recordos de todos os vilalbeses. En torno ás súas augas son moitas as vivenzas que os veciños atesouran, desde tempos moi pasados ata a actualidade, nos que o cauce segue estando ahí, pero o líquido elemento vai cambiando, ao igual que a súa contorna.

Preto del atópanse varios muíños, un seguido dos outros, nun tramo entre dúas pontes que marcan o tramo máis vilalbés do Magdalena: a dos Novos e a dos Freires. Esta última permanece firme na súa estrutura, moi por enriba das augas, pero non é allea á modernidade que, por exemplo, fixo que se ancheara ao rediseñar o trazado da estrada a Ferrol —da calzada vella aínda quedan bos vestixios—.

imgData

Tamén viu como se converteu no punto final, ou de inicio, do paseo fluvial inaugurado no 2002, que ía desde O Rañego á praia. Seis anos despois, esta ruta de ducias de camiñantes diarios ampliouse nun quilómetro ata Os Freires, onde se construíu a estrutura máis moderna desta senda, unha especie de ponte colgante de madeira desde a que observar a impoñente ponte que leva o nome do lugar. Un tramo ben coidado, no medio da natureza máis intensa, que paseniño nos achega á modernidade e ritmo diarios.

Comentarios