Viernes. 21.09.2018 |
El tiempo
Viernes. 21.09.2018
El tiempo

A Festa da Malla revive un ano máis en Meira

Presentación da Festa da Malla de Meira. EP
Presentación da Festa da Malla de Meira. EP

A Deputada de Cultura Pilar García Porto sinalou que “o vindeiro 19 de agosto todos os visitantes teñen unha cita obrigada para poder coñecer de preto as nosas tradicións"

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde de Meira, Antonio de Dios, xunto con organizadores e colaboradores, presentaron este mércores na Praza da Igrexa, a XXVII Edición da Festa da Malla de Meira 2018, que se celebrará o día 19 de agosto no centro da vila. Esta tradicional celebración foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional de Galicia. A xornada comeza ás 10:00 horas na praza Maior co traslado das máquinas de mallar, e prolóngase durante todo o día.

García Porto explicou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta cita co obxectivo de promover, recuperar e revalorizar as tradicións locais como sinais de identidade e atractivo da provincia. Ademais o Goberno da Deputación colabora coa Asociación Amigos da Malla de Meira na realización deste evento, así como con outras entidades culturais locais como a Asociación Cultural Avelino Díaz; Asociación Cultural Eme de Meira, e a Asociación Cultural Gaitafilmes, cun investimento de preto de 5.500 euros”, avanzou.

A Deputada sinalou que durante esta xornada os visitantes poderán desfrutar de ata sete grupos musicais, e tamén da exposicións de maquinaria antiga e de artesanía. “O vindeiro 19 de agosto todos os visitantes teñen unha cita obrigada en Meira para poder coñecer de preto as nosas tradicións como a festa da malla, e ao mesmo tempo pasar unha xornada de lecer na vila”, explicou.

Antonio de Dios agradeceu a implicación e a colaboración da Asociación Amigos da Malla de Meira, así como os veciños e comerciantes que traballan para que esta nova edición volva a ser un éxito. “Hoxe a Festa é coñecida en toda Galicia, gracias a implicación da Asociación de Amigos da Malla de Meira, xa que sen o seu traballo esta festa non sería posible”. O Rexedor convidou a todos os visitantes a achegarse á vila para coñecer as tradicións da vila, e ao mesmo tempo descubrir os recursos patrimoniais, culturais e paisaxísticos, así como as rutas de sendeirismo de Meira.

A Festa da Malla revive un ano máis en Meira
Comentarios