Fernando Sánchez: "Este Pol é un dos mellores equipos que vin competir"

O adestrador do Pol é o líder absoluto dun equipo que acadou un ascenso histórico á Preferente logo dunha tempada "difícil" na que tivo que compoñer un cadro case desde cero
Fernando Sánchez, adestradoR do Pol. XESÚS PONTE
photo_camera Fernando Sánchez, adestradoR do Pol. XESÚS PONTE

Como valora a tempada da SD Pol?
Foi espectacular, marcando hitos históricos, con 12 victorias seguidas nas primeiras 12 xornadas e conquerindo o ascenso dúas xornadas antes de terminar e o récord histórico de puntos na Primeira Galicia. 27 partidos ganados, 3 empates, 3 derrotas. 84 puntos, 89 goles a favor e 14 en contra. 

Que lle dicen estos números?
Falan do sobresaínte da tempada. Aínda queda un partido en Guitiriz para pechala, pero son números de campeón. Debido ao nivel deste ano dos outros equipos tardamos un pouco más en conseguir o ascenso, porque os dous Chantadas, o Burela e o Escairón deron moi bo nivel. 

En que momento da tempada creen que o ascenso é posible?
Cando cheguei a Pol tiven que facer un equipo de novo, estaba desarmado, marcharon moitos e non se sabía quen ía renovar. Fixemos moi boa plantilla; moi curta, eso sí. Tivemos sorte coas lesións e fomos xestionando ben o tema das sancións. O primeiro domingo con 14 xogadores e logo seguir gañando… o meu obxectivo foi facer un equipo para ascender. O difícil foi consolidalo na categoría a base de vitorias.

Era favorito o Pol para ascender?
A principio de temporada non, pero co paso das xornadas si. Fixemos varios fichajes, apareceu Marcos, que estaba pendente de xogar en Terceira División, apareceron Samu, Mauro, veu Lucas… había bos mimbres pero compoñemos ben a plantilla. O obxectivo era o ascenso, e co paso das semanas viuse que había que loitar polo ascenso de categoría. 

Cales foron as chaves? 
O cambio de chip do clube desde o inicio. Coñecía o clube de oídas pero non entrenaba, non había compromiso. Empezamos todo por aí, xogadores que puideran entrenar, que tiveran compromiso, ademáis da calidade, e formar un bo grupo. É un dos mellores equipos que vin competir os fins de semana. 

Que parte de culpa ten Iván González neste proxecto?
Moita. É o enlace entre a directiva e os xogadores. É a persona que carga coa presión polo ascenso, a presión dos xogadores, do entrenador… xa é coñecido, sempre está ao carón de todos para axudarnos en todo o que necesitamos. Foi un nexo de unión importantísimo para conseguilo. Ademais que axudou como futbolista. 

Seguirá vostede no Pol?
Foi una tempada moi esixente. Cando acabo as tempadas quero desconectar, pensar o que é mellor para min. De momento, centrado en acabar a última xornada e nada máis. Non teño nada pensado no futuro a curto plazo. 

Que se pode esperar da SD Pol a tempada que vén? 
Ao meu xuízo, este ano establecéronse unhas bases moi boas a nivel de entrenamentos e compromiso. Coas bases que hai, coas boas instalacións, coas condicións do clube… hai que facer unha plantilla máis longa que este ano, tivemos sorte que non houbo lesións, pero precisamos unha plantilla amplia para competir en Preferente.