Ferido grave o condutor dun vehículo que envorcou en Muras

O suceso ocorreu na estrada de Viveiro a Padrendo, ao seu paso pola parroquia de O Burgo

Estado no que quedou o vehículo que sufriu o accidente en Muras. EP
photo_camera Estado no que quedou o vehículo que sufriu o accidente en Muras. EP

Un veciño das Pontes resultou ferido grave tras colidir con dous vehículos este martes na LU-540, no punto quilométrico 31, ao seu paso polo termo municipal de Muras.

Segundo a información facilitada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, o accidente produciuse ao redor das 17:30 horas. Foi nese momento cando varias persoas particulares chamaban ao 112 Galicia para informar dun accidente entre dous turismos, un deles era un todoterreo que envorcou, na estrada de Viveiro a Padrendo, ao seu paso pola parroquia de O Burgo, no concello de Muras.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de emerxencias, dos Bombeiros de Viveiro e Vilalba e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, deuse conta do acontecido aos voluntarios de Protección Civil de Ourol e do  servizo de mantemento da estrada.

Os dous ocupantes do turismo foron evacuados ao Hula e o do todoterreo, que quedou atrapado pero non requiriu ser excarcerado, tamén foi derivado a un centro hospitalario con fracturas en ambas as pernas.
 

Comentarios