Unha veciña de Guitiriz resulta ferida nunha colisión

O accidente rexistrouse na estrada local que une A Tolda –na parroquia guitiricense de Os Vilares– coa parroquia de San Salvador
Estado no que quedou o vehículo accidentado en Guitiriz. EP
photo_camera Estado no que quedou o vehículo accidentado en Guitiriz. EP

Unha muller de 57 anos, veciña de Guitiriz, resultou ferida nunha colisión entre o vehículo que conducía e un camión de recollida do leite, cuxo condutor resultou ileso.

O accidente foi minutos antes das dúas da tarde, na estrada local que une A Tolda –na parroquia guitiricense de Os Vilares– coa parroquia de San Salvador

A estrada estivo cortada ata pasadas as catro e media da tarde, xa que os dous vehículos implicados quedaron no medio dela

A ferida foi evacuada ao Hula.

Comentarios