Ferida unha moza vilalbesa, atropelada nun paso de peóns en Plácido Peña

Rúa Plácido Peña.EP
photo_camera Rúa Plácido Peña.EP

Unha veciña de Vilalba de 30 anos, con iniciais C.R.B, resultou este luns ferida nunha perna ao ser atropelada por un vehículo cando cruzaba un paso de peóns na Rúa Plácido Peña da capital chairega.

Ata o lugar desprazáronse a Policía Local de Vilalba e unha ambulancia do 061, que se encargou de evacuar á moza ferida ao sanatorio lugués Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Ao parecer, a condutora do vehículo implicado no suceso, unha veciña de Outeiro de Rei que resultou ilesa, xiraba dende a Rúa da Pravia cara a Plácido Peña e, malia que freou ao ver á peoa, o coche desprazouse —naquel momento chovía— e golpeouna.