viernes. 20.09.2019 |
El tiempo
viernes. 20.09.2019
El tiempo

Ferida unha condutora en Vilalba ao envorcar o seu coche na LU-120

Coche accidentado en Vilalba. EP
Coche accidentado en Vilalba. EP

A vítima, veciña de Muimenta, puido saír do coche grazas á intervención dos veciños

Unha muller, veciña de Muimenta, resultou ferida leve ao envorcar o turismo que conducía á altura do kilómetro 9 da estrada LU-120, no barrio do Barreiro, en Árbol (Vilalba). A vítima, única ocupante do vehículo, puido saír do coche grazas á intervención dos veciños do lugar, que tamén deron aviso a emerxencias.

Ao lugar do sinistro acudiu o 061, axentes do subsector de Tráfico de Lugo e os bombeiros de Vilalba, cuxa intervención non foi necesaria.

Ferida unha condutora en Vilalba ao envorcar o seu coche na LU-120
Comentarios