A Feira de Santos enche Gontán de gando, gastronomía e moita xente

O evento voltou á normalidade despois de non celebrarse en 2020 e de ter restriccións en 2021
Asistentes á feira de Santos ollan o gando exposto. D. CENDÁN.
photo_camera Asistentes á feira de Santos ollan o gando exposto. D. CENDÁN.

A Feira de Santos contou este sábado con milleiros de visitantes que encheron Gontán para gozar dunha mañá con ambiente festivo na que os animais e a comida foron os dous maiores reclamos, seguidos dos habituais postos polas rúas.

Visitantes nunha das carpas de exposición de animais. D. CENDÁN.

Esta edición foi especial polo feito de significar a volta á normalidade despois duns anos nos que a tradicional cita de Abadín estivo marcada polo coronavirus. En 2020 non houbo e en 2021 contou con medidas especiais.

Un momento da exposición equina. D. CENDÁN.
Un momento da exposición equina. D. CENDÁN.

O concurso de gando que promove o Concello de Abadín tivo como premiados a Rocío García Seijo polo maior número de vacas; a Orlando García polo mellor equino de silla; a Manuel Rego polo premio local de silla; a Celsa Balsa pola mellor egua e a Luz Divina Amado pola segunda mellor; a Manuel Seijo pola mellor cría equina e a José Ramón Ares pola segunda mellor.

Comentarios