A Familia Real e a Rúa da Pravia, protagonistas do Enterro da Sardiña

O acto que marca o fin de Entroido tivo broche de ouro cunha chocolatada e con música
photo_camera Así foi o Enterro da Sardiña de Vilalba. VÍDEO: Silvia Iglesia

A Familia Real, a dirección única da Rúa da Pravia e o estado do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba protagonizaron o Enterro da Sardiña deste mércores, celebrado na Praza da Constitución. O acto que marca a fin do Entroido, cuxo broche de ouro foi unha chocolatada con churros para os asistentes, estivo organizado polo Concello vilalbés e animado pola interpretación dos membros da Escola de Teatro e a música de Lusco e Fusco. 

O Enterro da Sardiña resistiu no calendario de festexos da capital chairega, desde onde se viron obrigados a adiar para o próximo domingo 6 o desfile de Entroido debido ás malas condicións meteorolóxicas. Ese día repartiranse máis de 5.000 euros entre as mellores propostas individuais, por parellas e comparsas en infantil e xuvenil e en adultos, que percorrerán as rúas máis céntricas da vila.

Comentarios