Martes. 11.12.2018 |
El tiempo
Martes. 11.12.2018
El tiempo

Falece Anxo Lamas, o artista que levou Castro de Rei fóra das súas fronteiras 

Anxo Lamas. C.A.
Anxo Lamas. C.A.

O chairego levaba uns días ingresado no Hula

O artista chairego Anxo Lamas, natural de Bazar e de 74 anos, faleceu este sábado no Hula, onde levaba uns días ingresado tras loitar durante anos contra unha longa e dura enfermidade. 

Cun longo legado, o artista, que levou o nome de Castro de Rei fóra das súas fronteiras, deixa un baleiro na cultura chairega. 

TRAXECTORIA. Anxo Lamas acumulaba recoñecementos: era socio de honra do Iescha, veciño de honra de Bazar, baluro de honra no seu concello de Castro de Rei e tamén recibiu as Mans de Irimia en Meira ou a Navalla de Manuel María en Outeiro de Rei. 

A súa obra –vendeu milleiros das súas icónicas táboas multicolor– están espalladas por medio mundo. 

Os seus restos serán velados no tanatorio Alvariño de Muimenta, onde se celebrará o rosario ás 21.30 horas. 

O enterro será o domingo ás 16.30 horas na igrexa parroquial de Bazar. 

Falece Anxo Lamas, o artista que levou Castro de Rei fóra das súas...
Comentarios