Extinguidos dous lumes en Castro de Rei e Begonte que calcinaron 12 hectáreas

A extinción do de Santalla de Pena extendeuse durante varias horas na madrugada do luns

Un incendio forestal en Ramil (Castro de Rei) quedou extinguido a media tarde deste luns logo de que se iniciara preto das 15.00 horas. Nos labores de extinción traballaron un axente, dúas brigadas e dúas motobombas.

Outro lume na parroquia begontesa de Santalla de Pena calcinou doce hectáreas de arboredo. Deu comezo pasadas as 3.00 da madrugada e deuse por extinguido ás 16:00 desta tarde. Traballaron catro axentes, oito brigadas, dez motobombas e unha pá.

Comentarios