Evacuado ao Hula un condutor tras un accidente en Cospeito

Como resultado do sinistro, o coche saíu da vía e golpeou un poste

Imaxe de como quedou o coche sinistrado. C. P.
photo_camera Imaxe de como quedou o coche sinistrado. C. P.

Unha colisión por alcance entre un coche e un camión, en sentido Rábade, na LU-111, á altura do cruce da Millarada, en Cospeito, deixou como resultado un condutor ferido. O home, de 83 anos, e veciño do concello, tivo que ser evacuado ao Hula.

Como resultado do sinistro, o coche saíu da vía e golpeou un poste. Ocorreu pouco antes das oito da tarde.