Se eu fose presidente

"Se eu fose presidenta contrataría psicólogos e nutricionistas nos ambulatorios"

María Bermúdez é propietaria dunha tenda de moda en Vilalba ► Explica que, se ela chagara á presidencia da Xunta, poría o foco en integrar os servizos sanitarios 
G
photo_camera María Bermúdez. EP

A comer ciante vilalbesa María Bermúdez ten clara que, de ser presidenta de Galicia, a súa prioridade sería mellorar a sanidade.

Cal sería a primeira medida que poría en marcha ao chegar á presidencia da Xunta?

O primeiro sería invertir moito en sanidade. Necesitaríanse máis fondos e contratar máis persoal, porque están tardando moito en dar as citas e faltan médicos. E tamén ampliaría as infraestruturas. A min retrasáronme unha operación por falta de espazo. É unha cousa que sufrimos todos, tanto os propios traballadores, porque fan moitas horas para tratar de cubrir o servizo, como os pacientes.

Cre que faría falta algo máis neste ámbito?

Si. Contrataría a moitísimos psicólogos e nutricionistas, para os centros de saúde, para previr moitas das enfermidades que hai hoxe en día, que teñen un alto compoñente nutricional. Apostaría por unha medicina integrativa. Por exemplo, se che diagnostican un cancro, tamén precisas un psicólogo, un nutricionista, un fisioterapeuta... Hai que integrar todos estes aspectos.

Que outras áreas lle gustaría impulsar?

Educación, sobre todo con máis prazas nas escolas infantís; infraestruturas, a nivel de estradas; promoción da lingua e igualdade. Tamén observaría e estudaría cada caso que recibe axudas. Entendo que hai xente que as necesita, pero tamén vexo casos de persoas que as reciben e non as precisan.

Como autónoma, hai algo que lle gustaría cambiar?

A maior parte das cousas dependen do Goberno central, pero si creo que o pequeno e mediano comercio precisa máis apoio que as grandes empresas. Como ve o cargo de presidente? Penso que é moi difícil selo e xestionar todo. Estás traballando para as persoas, e iso é bonito, pero é moi complicado porque é moi difícil alcanzar un equilibrio e chegar a todo.

Comentarios