domingo. 22.09.2019 |
El tiempo
domingo. 22.09.2019
El tiempo

TALES PAIS, TALES FILLOS

"Estamos todos xuntos e que máis queres que ter aos seres queridos cerca"

Amador e Bea Souto, de Amador Fotógrafos de Vilalba. C.ARIAS
Amador e Bea Souto, de Amador Fotógrafos de Vilalba. C.ARIAS

Amador Souto, de 60 anos, e a súa filla Bea, de 34, traballan xuntos no seu negocio de fotografía dende hai anos 

Amador Fotógrafos nace en 1989 en Castro e trasládase a Vilalba en 1990. Poucos anos despois, a filla dos  propietarios xa empezou a compartir traballos con eles. "Meu irmán nunca quixo pero eu creo que o meu foi  vocación. Penso que aínda que non tiveran eles o negocio, acabaría adicándome a isto", di Bea, mentres fala  de que foi entrando na profesión nun "proceso moi natural".

"Regaláronme a miña primeira cámara pola comuñón, unha reflex, pero antes xa as andaba toqueteando",  recorda. "Con doce anos fun con meu pai facer unha comuñón e con 16 fixen a miña primeira voda", indica.  Logo de estudar fóra —na Coruña, Lugo e Madrid—, con 23 anos entrou no negocio familiar, no que,  destacan, non son "xefe e empregado", senón todos compañeiros de traballo.

"O mellor de estar aquí e que xa tiña o camiño andado, o negocio montado", di Bea, que tamén fala da vantaxe de ter a seu pai como un referente do que aprender. "O peor é que cando saes de traballar levas as  cousas de aquí, é inevitable", di. Quizais por iso intenta buscar os seus espazos fóra, aínda que se pasan  moitos días recoñece a necesidade de coller o teléfono.

Polos seus horarios —a maiores da tenda están os traballos de fóra nas fins de semana— o tempo que pasan xuntos é moito. "Pero con el nunca discuto", di.

"Para min foi moi importante que ela entrase, se non igual non seguiriamos. Cambiou un montón o mundo da  fotografía e nós estabamos acostumados ao analóxico", apunta Amador, que asegura que a el gústalle  deixarlle que vaia "ao seu aire".

"Sempre sentín moita liberdade para poder traballar como me gusta e meu pai adaptouse mogollón aos novos  tempos", apunta Bea, mentres el resalta o máis positivo: "Estamos todos xuntos e que máis queres que ter aos teus seres queridos ao teu lado".

Amador Fotógrafos. Flashes en familia
Na emrpesa familiar traballan actualmente catro persoas. Amador e Bea, Ángeles, a muller de Amador e nai de Bea, e outra rapaza. Entre pai e filla teñen estilos moi diferentes pero ambos son "moi estritos á hora de traballar". 

"Estamos todos xuntos e que máis queres que ter aos seres queridos...
Comentarios