Domingo. 19.05.2019 |
El tiempo
Domingo. 19.05.2019
El tiempo

A escisión de Xuntos por As Pontes pon en dúbida o seu papel nas municipais

A formación asamblearia anunciou por comunicado que non se presentará pero unha parte continúa traballando para crear unha candidatura 

As divisións en Xuntos por As Pontes deixan en dúbidas o papel da formación asemblearia nas próximas eleccións municipais. Así, se desde a agrupación se enviou esta mañá un comunicado para anunciar que se "pechaba un ciclo político e que non se presentarían aos próximos comicios", pero parte do movemento asembleario aínda está tratando esta tarde de formar lista, co mesmo nome pero baixo a confluencia de Son en Común.  

"Dende Xuntos valoramos o traballo destes últimos catro anos como moi positivo, pero o espírito co que nacía, bebedor daquel 15-M e da ilusión xerada na cidadanía, xa non permanece", din, e indican que non conseguiron crear un proxecto en común, "unha casa que siga sendo de todas", para presentarse ás eleccións. "A partir do 26 de maio calquera proxecto que empregue estas mesmas siglas ou similares, será outra cousa diferente", destacaron. 

Mentres, outras voces aseguraban que Xuntos por As Pontes ten que continuar porque "se fixo un bo traballo nestes catro anos" e indicaban que unha serie de xente ía tratar de loitar por crear unha candidatura. O plazo remata hoxe ás doce da noite. 
 

A escisión de Xuntos por As Pontes pon en dúbida o seu papel nas...
Comentarios