As escavacións en Viladonga sacan á luz un alxibe na croa, previo á muralla

A "enorme" estrutura, duns 80 metros cadrados e con capacidade para uns 150 metros cúbicos de auga, "es la razón de ser del poblado", segundo o director dos traballos, Miguel Ángel López Marcos 

Alxibe atopado no interior do castro de Viladonga. EP
photo_camera Alxibe atopado no interior do castro de Viladonga. EP

As escavacións no Castro de Viladonga non deixan de deparar sorpresas e o achado desta última campaña, un «enorme» alxibe na zona nordeste da croa, poida que sexa un dos máis relevantes, pola información que achega para documentar o xacemento de Castro de Rei. "Es anterior a la muralla, un elemento arquitectónico único que es la razón de ser del poblado, este está ahí porque está ahí el aljibe", asegura o arqueólogo e director dos traballos, Miguel Ángel López Marcos, da empresa Terra Arqueos.

Durante a escavación, atoparon evidencias de que "estuvo funcionando antes de la construcción porque hay derrumbes en el interior", un claro indicativo de que a muralla é posterior ao depósito e que avala a hipótese da existencia dun "asentamiento previo castreño", tal e como xa se pensaba.

"Esta es la primera vez que se encuentra un aljibe dentro del recinto", precisa tamén López Marcos sobre outra das grandes achegas que supón a presencia do pozo intramuros: axuda a precisar o carácter da muralla. "Es un hallazgo importantísimo, porque si hay un aljibe dentro, es un recurso en caso de que pretendas defenderte", di. E é que se o peche tivese só unha finalidade "administrativa" os pozos poderían estar fóra.

Hai oito anos, López Marcos xa dera con outra insfraestrutura similar no castro de San Cibrán de Las, unha experiencia que lle axudou a entender que era o que se agochaba tras da única esquina que se apreciaba da construción, visible dende as escavacións dos 80, pero sen identificar. "Lo encontramos en cuanto se desbrozó, se apreciaba porque es una construcción muy característica, se veía perfectamente, aunque nadie me creía", lembra o director das escavacións, que finalmente puido probar a veracidade da súa impresión case por casualidade.

A zona onde está o alxibe non era onde se ía actuar nesta campaña, pero un derrube provocou un cambio de plans, ao darlle prioridade á seguridade. E aí foi cando sacaron á luz unha gran estrutura escavada na rocha, duns 80 metros cadrados, con capacidade para almacenar uns 150 metros cúbicos de auga e que conta con escaleiras -dous escalóns de entrada máis danados e logo varios chanzos máis- que facilitarían o acceso ao interior para a súa limpeza.

Dentro do alxibe apareceron restos óseos de animais, algo pouco común en Galicia pola acidez do solo, e algo que permitirá ter máis información sobre os poboadores do castro

"El aljibe vertebra el sistema de ocupación del castro y ayuda a entender cómo vivían, cómo era su vida cotidiana", explica López Marcos sobre un castro de longa ocupación -como proban as distintas tipoloxías das súas construcións- que foi coetáneo aos romanos e no que puideron residir ata unhas 400 persoas.

A coñecer máis sobre os seus poboadores tamén axudará o achado de restos óseos de animais, algo pouco común en Galicia pola acidez do solo, pero que neste caso se conservaron probablemente pola humidade do depósito.

A campaña en Viladonga, que tamén sacou á luz outra escaleira na muralla ou un dos fosos exteriores, prolongarase outras dúas semanas. Comezará entón o estudo e a documentación de todos os elementos, as pezas e os restos descubertos nestas escavacións impulsadas pola Consellería de Cultura con fondos Feder.

Comentarios